Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRES AGENTES DE LA POLICÍA LOCAL REPRESENTARÁN AL CONCELLO EN LOS "VII JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá e Deportes, Guillermo Sánchez Fojo e Román Romero, respectivamente, entregáronlles a equipación deportiva coa que competirán neste evento
Narón, 20 de setembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e os concelleiros de Seguridade Cidadá e Deportes, Guillermo Sánchez Fojo e Román Romero, respectivamente, recibiron esta mañá no despacho de Alcaldía aos tres axentes da Policía Local que representarán ao Concello na sétima edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros. Esta cita deportiva desenvolverase a partir de mañá, día 21, e ata o vindeiro sábado, día 29, en Alxeciras, ata donde se desprazarán os policías Sonia López, Martín Vilariño e Pablo Pita. Ao longo de nove días os asistentes a este evento –a organización prevé que acudan uns 8.000 procedentes de toda Europa- participarán nas probas que se irán sucedendo e que inclúen preto de medio cento de modalidades deportivas. Dous dos representantes de Narón, Sonia López e Martín Vilariño, participarán o día 29 nunha media maratón duns vinte e un quilómetros, e Pablo Pita competirá os días 25, 26 e 28 nas probas de forza –press de banca, sentadilla e peso morto- e dominadas. Esta proposta deportiva convocarase tamén a nivel mundial o vindeiro ano, en Xapón, alternando anualmente as convocatorias europeas e mundiais. Neste evento participan ademáis de policías e bombeiros, persoal de corpos de seguridade privada, de salvamento marítimo, Gardas Civís, policías portuarios e de aduanas e de emerxencias sanitarias, entre outros. Os tres axentes da policía local de Narón que acudirán ás probas aseguraron estar moi ilusionados con esta oportunidade e valoraron a colaboración do Concello á hora de facilitar a súa participación nas mesmas. A alcaldesa da cidade e os edís presentes neste acto entregáronlles aos tres axentes a equipación deportiva coa que competirán nesta edición dos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros e desexáronlles moita sorte nas probas nas que están inscritos. Así mesmo, Ferreiro destacou “o feito de que, a través dunha iniciativa como esta, contribuades a que Narón poida estar presente en eventos deste tipo, xunto con representantes de corpos e forzas de seguridade e emerxencias doutros países europeos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal