Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA REALIZARÁ TRABALLOS SOBRE MOBILIDADE EN NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o conelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, valoraron o feito de que os universitarios analicen o estado actual da cidade e plantexen proxectos relacionados coa mobilidade urbana e interurbana
Narón, 28 de setembro de 2018. Alumnado da materia de Proxectos 4 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e docentes da citada Facultade desprazáronse esta semana a Narón para coñecer de primeira man os emprazamentos dos traballos que realizarán no primeiro cuadrimestre deste curso 2018-2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, recibiron ao colectivo, ao que animaron a aportar a súa visión e ideas sobre o estado actual da cidade, así como a deseñar algúns proxectos de futuro vencellados á mobilidade para analizar a súa viabilidade de cara á súa posible materialización. O curso, tal e como indicaron os profesores universitarios, está estruturado na mobilidade ferroviaria, polo que o alumnado desprazouse desde A Coruña ata Narón no tren de FEVE e recolleu datos en varios apeadoiros da liña. En total, indicaron, serán máis de cen alumnas e alumnos do Obradoiro do quinto cuadrimestre os que se encargarán de realizar unha serie de traballos cos que se aposta por reflexionar sobre a mobilidade urbana e interurbana e tamén se incide no seu potencial para conectar e rexenerar os tecidos urbáns da súa comarca, tal e como explicaron os docentes universitarios. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicoulles aos estudantes universitarios parte do traballo que se está a desenvolver en Narón en materia de mobilidade e accesibilidade e agradeceulles de antemán o feito de que nos vindeiros meses vaian a realizar traballos que poderán redundar en melloras para a cidade. Así mesmo, Ferreiro indicoulles que teñen á súa disposición a información que precisen para levar a cabo esta tarefa, na que colaborará persoal técnico da administración local. “Todas as aportacións que nos realicen para contribuír á mellora da nosa cidade serán sempre benvidas, e valoramos tamén nesta ocasión o feito de que sexan precisamente alumnas e alumnos de Arquitectura e docentes universitarios os que vaian aportar a súa propia visión de numerosos aspectos deste concello”, subliñou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal