Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RENOVARÁ O PARQUE INFANTIL DA PRAZA DA GÁNDARA CON CARGO A UN INVESTIMENTO DE 154.000 EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, presentaron o proxecto xunto ao actual parque infantil, e anunciaron o inminente inicio dos traballos
Narón, 3 de outubro de 2018. As obras de renovación do parque infantil da Praza da Gándara comezarán a vindeira semana. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que xunto co concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, deu a coñecer o proxecto que se executará na zona, con cargo a un investimento que ronda os 154.000 euros. “Esta praza é un dos espazos máis concorridos da nosa cidade polos nenos e nenas e precisa dun cambio que nos vindeiros meses será unha realidade, con novos elementos de xogo e melloras de seguridade”, subliñou Ferreiro. Representantes da AVV da Gándara e algúns veciños e veciñas da zona asistiron á presentación deste novo proxecto, que tivo lugar nas inmediacións do actual parque infantil da Praza da Gándara. Ferreiro explicou que os traballos consistirán na rehabilitación da zona de xogos infantil, “que presentará en breve unha imaxe moito máis modernizada”. A transformación do parque implicará a instalación de varios columpios, entre eles dous para bebés, un columpio-cesta e outro para menores discapacitados; dous tobogáns, unha rede trepadora, dúas camas elásticas e un rocódromo, tal e como indicou a alcaldesa. A maiores, delimitarase unha parte do parque cunha liña de bancos de madeira e o chan será unha combinación de caucho e céspede artificial, con algunhas zonas en relieve, tal e como avanzou o concelleiro de Servizos. “A actuación que vai dar comezo na Praza da Gándara permitiranos continuar mellorando e ampliando os parques infantís da cidade”, subliñou Ferreiro, que explicou que “hai tan só uns meses rematábamos o parque do tanque de tormentas Inxerto II, na Gándara, e hai escasas semanas o novo parque infantil e biosaudable xunto á igrexa de Piñeiros, que se abrirá próximamente, ao igual que a tirolina de Xuvia”. A alcaldesa incidiu en que “aos traballos xa realizados durante os últimos meses sumaranse outros tanto na zona urbana como rural do municipio, como un parque infantil en San Mateo; a reposición de valados e caucho noutros parques e o acondicionamento do entorno do local social Sedes, que inclúe a renovación do parque infantil”. A alcaldesa solicitou de antemán desculpas aos usuarios e usuarias deste parque da cidade polas molestias que se poidan ocasionar durante o prazo en que se executan as obras, agradecendo tamén a súa comprensión para poder levalas a cabo nas vindeiras semanas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal