Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN BBTTA PROGRAMARON VARIOS ACTOS CON MOTIVO DA SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA
Una fiesta infantil el 5 de octubre en la plaza de Galicia marcará el inicio de los actos que se sucederán en las próximas semanas, tal y como explicó la concejala de Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 4 de outubro de 2018. A Asociación Bbtta e o Concello de Narón organizan varios actos para conmemorar na cidade a Semana Mundial da Lactancia Materna. A concelleira de Acción Social e Igualdade, Teresa Sabio, indicou que a primeira das propostas do programa terá lugar o vindeiro sábado, día 6, e explicou que consistirá nunha Festa infantil que comezará ás 17.00 horas na Praza de Galicia. “As nenas e nenos que acudan poderán desfrutar de xogos inchables, pintacaras, dunha merenda conxunta e do espectáculo ¡Cantabaila!”, apuntou. A maiores, haberá un stand informativo sobre a actividade que desenvolve Bbtta e tamén sobre os beneficios da lactancia materna, con motivo da conmemoración da Semana Mundial da Lactancia Materna. A programación continuará o sábado 27 de outubro, coa presentación dunha novidosa aplicación para telefonía móbil: Lactapp. As encargadas de presentala serán Alba Padró, María Berruenzo e Laia Aguilar, nun acto que se celebrará no Auditorio municipal a partir das 17.30 e con entrada de balde. Por último, apuntou Sabio, o día 3 de novembro a partir das 17.30 horas terá lugar unha conferencia de Amando Bastida, neste caso no salón de actos do Hospital Naval de Ferrol, sobre “Crianza, lactancia e o papel da parella”. “Un ano máis, o Concello e Bbtta celebramos na cidade a Semana da Lactancia Materna, nesta ocasión abrindo cunha proposta este sábado máis centrada nos propios nenos e nenas, pero tamén cun apartado informativo, e nas vindeiras semanas con dous actos xa para os adultos, nas que recibirán cumprida información sobre a lactancia materna”, explicou Sabio, que destacou o traballo que realiza a Asociación Bbtta e convidou á veciñanza a asistir aos actos deste programa.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es