Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 40.500 EUROS Á SINATURA DE CINCO CONVENIOS CON ENTIDADES DO MUNICIPIO
Representantes das entidades Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, Afaes, Asociación de Vecinos do Couto, Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña e o Colexio Rural Agrupado asinaron os acordos
Narón, 19 de outubro de 2018. O Concello de Narón destina unha partida de 40.500 euros á sinatura dun total de cinco convenios con outras tantas entidades do municipio, das áreas social, sanitaria e educativa. As achegas do Concello serán para Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, Afaes, Asociación de Veciños do Couto, Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, e o Colexio Rural Agrupado de Narón. En base aos acordos asinados realizaranse diferentes actividades nestas cinco entidades, dirixidas a determinados colectivos en materia de atención ás persoas, formación, transporte e colaboración cos eventos que se organicen desde o Consistorio. En representación das entidades rubricaron os convenios os presidentes de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, María Victoria González; Afaes, Félix Pena; AVV do Couto, Ramón Couto; Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña de Pedroso, Flor del Valle, e o Colexio Rural Agrupado, Susana García. En representación do Concello asistiron ao acto de sinatura as concelleiras de Cultura, María del Carmen Espada; Ensino, Mercedes Taibo, Acción Social, Catalina García, e Promoción Social, Teresa Sabio, que desculparon a ausencia da alcaldesa, Marián Ferreiro, que por motivos de axenda non puido asistir. Os representantes das entidades destacaron o respaldo do goberno local ás iniciativas impulsadas e desenvolvidas ao longo do ano na cidade, así como o importe das axudas económicas. Pola súa banda, as edís da corporación local valoraron o traballo que realizan estas cinco entidades no municipio con diferentes colectivos e animáronas a continuar desenvolvendo a súa labor nesta mesma liña, comprometendo a colaboración do Concello.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es