Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SEGUNDA EDICIÓN DAS XORNADAS DA ANGUÍA NAS QUE PARTICIPAN OITO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA CIDADE REMATA ESTA FIN DE SEMANA
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, animou á cidadanía a degustar os pratos que se servirán os días 26, 27 e 28 de outubro coa anguía como ingrediente principal
Narón, 25 de outubro de 2018. Esta fin de semana rematará a segunda edición das Xornadas da Anguía organizadas polo Concello de Narón, no marco do Club Narón Gastronómico. Mañá, o sábado e o domingo os oito establecementos participantes continuarán ofrecendo diferentes menús con anguía do Xuvia como ingrediente principal, tal e como recordou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño. Anacos, A Roldana, A Trasanquesa, Gastrobar Piñeiros, o Hotel Valcarce, Mamá Flora, Nueva Orleáns e o Restaurante Marcial son os locais nos que se poderá degustar esta fin de semana este peixe, no marco destas xornadas. As persoas interesadas en coñecer algúns dos pratos que se cociñan con anguía nestes establecementos da cidade poden facelo a través da páxina web do Club Narón Gastronómico, a través do enlace: http://clubnarongastronomico.naron.gal/. O edil naronés destacou as posibilidades gastronómicas que ofrece a anguía, un peixe azul cunhas cualidades moi destacadas e que ofrece múltiples opcións á hora do seu consumo. A maiores, recordou, está o feito de que se pode atopar na ría de Xuvia, polo que desde o goberno local, asegurou, “continuaremos apostando por recuperar e revitalizar este produto, dándolle de novo un espazo nas cociñas do sector hostaleiro e nas particulares”. O Concello de Narón impulsa un programa de “Dinamización da Anguía do Xuvia” con cargo a fondos propios e a unha subvención do Fondo Europeo Marítimo de Pesca de 42.955 euros, dos que unha parte (7.000 euros) se investiu o pasado ano e a contía máis elevada (35.955 euros) se esgotará no actual exercicio. Fotografía: Ovidio Aldegunde

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal