Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CASA DA MOCIDADE ACOLLERÁ O "FREAK HALLOWEEN" CON PROPOSTAS DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS
A cita, organizada pola Asociación cultural Gaikai en colaboración co Concello, terá lugar o 31 de outubro
Narón, 30 de outubro de 2018. A Casa da Mocidade acollerá mañá, a partir das 20.00 horas, a segunda edición do Freak Halloween, organizado pola Asociación Cultural Gaikai e no que colabora o Concello. A organización explicou que entre as 20.00 e as 21.30 horas terá lugar un concurso de cabazas, no que poderán participar todas aquelas persoas que acodan á cita coas cabazas que decoren para esta festividade. En función da orixinalidade e do traballo realizado concederase un premio á que reciba unha maior puntuación. O evento conta cun segundo concurso, neste caso que se desenvolverá entre as 20.30 e as 21.00 horas e de disfraces, no que tamén se premiará a orixinalidade con doces de orixe asiático. As persoas que desexen participar en calquera destes dous concursos deben anotarse, de balde, a partir das 20.00 horas na Casa da Mocidade, donde persoal de Gaikai se encargará de atender aos asistentes. Os premios entregaranse ás 22.00 horas e tamén os correspondentes á Xincana Terrorífica que se desenvolverá durante a tarde noite, con tres probas: Carreira de bruxas, Quen son terrorífico e Atrapa á pantasma. Desde a organización animouse á veciñanza a asistir a este evento, “no que poder participar en concursos e probas dirixidas a persoas de diferentes idades”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal