Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN BUXA
Ten por finalidade a recuperación do patrimonio industrial legado pola muiñaría industrial naronesa do século XVIII
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, anunciou en rolda de prensa que o Concello ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Patrimonio Industrial, BUXA, para a investigación, recuperación, rehabilitación, reconstrución material e dotación museística do patrimonio industrial legado pola muiñaría industrial naronesa do século XVIII, así como a defensa a difusión a promoción e a xestión do coñecemento de dito patrimonio. Nunha primeira fase, o traballo abranguerá a Real Fábrica de Fariñas de Ponte de Xuvia (muíños de Lestache) e o Muíño de Mareas do Ponto (muíños de Lembeye), así como aqueloutras instalacións que formaran parte principal ou complementaria da devandita muiñaría industrial, como muíños de vento e de río, embarcacións, rede comercial internacional, etc. Nunha fase posterior, e sempre en función da dispoñibilidade dos recursos, poderase comezar co resto dos traballos, como os muíños de San Mateo e a Faísca, de os Amenadás, A Muiñeira, Gradaílle, etc. Xoán Gato sinalou que este convenio non compromete ó Concello a ningún custo no caso de que non se consigan ningún tipo de axudas nas xestións de BUXA. Sen embargo, o rexedor naronés, agarda que as axudas sí sexan concedidas, probablemente dentro do Programa de Recuperación de Elementos Preindustriais, e que poidan superar os 6 millóns de euros. Gato afirmou que esta iniciativa de I+D+i+c (Investigación, Desenrolo, Innovación e Coñecemento) “non ten parangón na actividade turística e económica da bisbarra” e conforma a “posibilidade máis grande de ofrecer un turismo especializado e de calidade” no entorno de Ferrolterra. O novo sistema económico buscará e posibilitará un xeito novo de desenvolvemento sostible onde o patrimonio natural e histórico terán que ir da man. O Alcalde mostrouse satisfeito de poder ofrecer novas positivas que enriquezan unha realidade salpicada por crises, recortes presupostarios e promesas que nunca se chegan a cumprir. E afirmou que dende o equipo de goberno “falamos de realidades” Asociación Galega de Patrimonio Industrial, BUXA A Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, acaba de inscribirse no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia. O seu obxectivo fundamental é a recuperación do patrimonio industrial. O seu presidente, Manuel Lara Coira, doctor Enxeñeiro Industrial e profesor da Universidade de A Coruña considera que “conseguir a interese e o afecto público polo patrimonio industrial, favorecendo a apreciación dos seus valores, é sen dúbida a maneira más segura de conservalo”. A Asociación proponse investigar o patrimonio industrial (arqueolóxico, antigo, moderno e contemporáneo), difundilo, recuperalo e promovelo. Buxa organizará estudos e eventos, e promoverá publicacións co fin de difundir os valores do mencionado patrimonio industrial.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal