Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A SEXTA EDICIÓN DO SALÓN DE CERIMONIAS FIRST WEDDING SHOW
A edil de Feiras, Mar Gómez, anunciou que participarán un total de trinta e cinco empresas vencelladas á celebración de eventos e recordou que a entrada é de balde
Narón, 5 de novembro de 2018. Un total de trinta e cinco expositores de diversos sectores daranse cita esta fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11, na sexta edición do Salón de Cerimonias First Wedding Show organizado polo Concello de Narón. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros municipios ao mesmo, con entrada de balde e que se desenvolverá en horario de mañá e tarde. Os diferentes expositores permanecerán abertos ao público o sábado de 12.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 e o domingo de 11.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como indicou Gómez. As persoas que se acheguen ata o Pavillón Campo da Serra terán a oportunidade de atopar nos diferentes stands as últimas novidades en canto á moda feminina e masculina, calzado, decoración, música, fotografía, animación infantil, arte floral, repostería… e todo o necesario para a celebración de vodas, comuñóns ou outro tipo de eventos, según avanzou a edil naronesa. Así mesmo, tanto o sábado como o domingo, explicou, programáronse desfiles de roupa de comuñón, arras e festa (madriñas) –a partir das 17.00 horas, e de noivos, noivas, festa (modelos) e ramos de noiva –ás 18.30-. A maiores, ofreceranse descontos e tamén se realizarán o domingo (tralo último desfile) sorteos de agasallos –a cargo dalgúns dos establecementos participantes- valorados en total en 2.000 euros. Entre os expositores participantes nesta edición do Salón de Cerimonias hai varios de Narón, pero tamén doutros concellos como Ferrol, Fene, Neda, Pontedeume, A Coruña e Pontevedra. Mar Gómez asegurou que “este evento está xa moi consolidado na nosa cidade e é recoñecido dentro e fóra de Narón, ao ofrecer a posibilidade de coñecer de primeira man as últimas novidades para a organización de diversos tipos de celebracións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal