Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE MANTÉN AS SÚAS RESERVAS SOBRE A LEGALIDADE DO PLAN SECTORIAL DA XUNTA
O espazo elixido é unha parcela de 179.424 m ² situada a menos de 500 metros da ría
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, fixo unhas declaracións sobre o documento recibido do Instituto de Vivenda e Solo, que pon en coñecemento do Concello o Proxecto Sectorial do Solo para vivendas protexidas en Narón e que será publicado proximamente no Diario Oficial de Galicia. Proxecto que, segundo o Alcalde, chegou ó Consistorio “por rumores de algún partido político” e non por ningunha conversa ou consulta co seu grupo de goberno. Xoán Gato lamenta que os Concellos sigan a ser considerados pola Xunta como minores de idade, cando son eles os representantes da votade do pobo,e considera unha clara prepotencia que se dean feitos consumados de esta maneira e non propostas de diálogo e contactos que leven a unha solución consensuada. O rexedor recordou que o Concello de Narón ofreceulle á Xunta un proxecto moi similar ó actual, ese si aprobado polo Concello Pleno, nunha zona degradada e que conviña revitalizar, o asentamento xitano en Piñeiros. 170.000 m² de terreo urbano edificable, que o Instituto da Vivenda e Solo non aceptou no seu momento, igual que fixo coa proposta municipal do pasado mes de setembro para construír máis de 100 vivendas de carácter social, alegando que Narón non estaba incluído no Plan Sectorial do Solo. Por outra banda, o Alcalde tamén se referiu a dous puntos legais que parecen ser esquecidos no novo proxecto. A área de actuación elixida pola Xunta é unha superficie de 179.424 m² de solo rural acto para urbanizar, na zona de O Ponto. Mentres que a superficie edificable que consta no proxecto é de 125.597m² para vivendas e 12.000 m² para outros usos, e derívase de aplicar un 0,7% de límite e non un 0,3%, como a Xunta esixe a particulares e Concellos. O outro aspecto é o cerca que está a zona da ría, vulnerando os 500m de distancia que marca a lei 7/2007 de Protección do Litoral. Segundo o rexedor naronés, o 85% da área do proxecto vulneraría esa lei. En temas de prezos, o proxecto autonómico tampouco parece seguir as normas habituais. O total de vivendas a construír sería de 1008, en dúas fases divididas en outros tantos quinquenios, 504 vivendas de 2008- 2012, e outras 504 de 2013 a 2017. O total do investimento ascende a 25 millóns de euros. Pero o falar dos prezos das expropiacións, as cifras descenden bastante dos prezos manexados polo mercado, ós que se atinxe o Concello. A Xunta pagará 97,53€ por m² no caso das vivendas e 68€ por m² de solo. O prezo de mercado para o m² de solo edificado é de 180€. O proxecto terá un período de exposición ó público despois da súa publicación no DOG. O Concello terá un ano para adaptar o seu propio plan do solo ó Plan Sectorial. Xoán Gato asegurou estar convencido de que os veciños terán unha xustificada inquietude polo prezo que van recibir polas súas vivendas expropiadas (sobre vintecinco nesa zona), e se dirixirán ó Consistorio para resolvela, polo que invitou a calquera responsable do Plan Sectorial ou do partido que goberna na Consellería de Vivenda e Solo a que dea as explicacións pertinentes sobre o tema.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal