Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 286.000 EUROS OS PROXECTOS DE MELLORA DE ILUMINACIÓN NA FINCA DE ARZÚA E DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NO ALTO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 27 de novembro
Narón, 13 de novembro de 2018. O goberno local continúa avanzando na mellora da iluminación e da eficiencia enerxética na zona urbana. O Concello licitou dous proxectos, un na zona da Finca de Arzúa e outro no Alto, valorados en conxunto en 286.119 euros e para os que actualmente está aberto o prazo de presentación de ofertas. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou que “a xestión realizada desde o goberno local permítenos continuar traballando e mellorando a nosa cidade, nesta ocasión realizando un importante investimento que repercutirá directamente nunha rebaixa da factura do consumo eléctrico e tamén nun descenso considerable da contaminación atmosférica, ao implantar a tecnoloxía led”. No caso da mellora da iluminación da Finca de Arzúa, os traballos de subministración e colocación licitáronse en 147.270 euros. Con cargo a esta contía reformarase a iluminación existente nas rúas alimentadas desde os cadros ubicados nas da Torre, Santa Tecla e Botánico Rodríguez Dacal. Enmárcanse neste proxecto a zona entre a avenida da Solaina e a rúa da Torre, as rúas Bon Xesús, A Torre, Ferro Couselo, San Carlos, Rafael Dieste, Bouzas, Araceli Fraga, Cangas, Praza do Botánico Rodríguez Dacal, Sanxenxo, Portonovo, Tui, O Rosal, Praza de Tranvías e Traseira de Cerámica, tal e como figura no proxecto. O prazo de execución dos traballos, será de dous meses, unha vez adxudicados, e as empresa e as ofertas poden presentarse ata o vindeiro día 27 deste mes a través da Sede Electrónica ou na Alcaldía do Concello de Narón. O segundo proxecto que se porá en marcha é do de mellora da eficiencia enerxética no alumeado público do Alto do Castiñeiro, cofinanciada con cargo ao Plan Único de Concellos POS+2018. Trátase dunha actuación que se licita por 138.849 euros e co mesmo prazo de presentación de ofertas, ata o 27 de novembro ás 23.59 horas. A alcaldesa da cidade avanzou que no caso do Alto se procederá a actualizar as instalacións existentes e implementar a tecnoloxía led, e explicou que os traballos previstos se executarán nas rúas comprendidas entre o acceso FE11, a estrada da Gándara, a avenida da Paz, a estrada de Castela e a avenida Souto Vizoso (rúas Rafael Bárez, María Casares, Eire, Gales, aparcadoiro do Pazo da Cultura, Pazo da Cultura, Ramón Cabanillas, Holanda, García Sabell, Portugal, Italia, San Xosé Obreiro, Vilar Ponte, Colmeote, Carballo Calero, Luís Amado, Reis Magos, Manoel Antonio, Domirón, Río Salgueiro, Mosteiro de San Martiño, Mosteiro de Caaveiro, Mosteiro de Samos, Camiño da Fonte e rúa Sobecos). “A previsión de aforro bruto no consumo anual é duns 15.000 euros no caso da Finca de Arzúa e de 11.058 na zona do Alto, donde se reducirá considerablemente a potencia contratada”, tal e como subliñou Ferreiro que avanzou que o goberno local continuará traballando e destinando importantes partidas o vindeiro ano a este tipo de proxectos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal