Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 350 ESCOLARES DO COLEXIO DA SOLAINA PARTICIPAN NO PROGRAMA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse hoxe ao cento con motivo do inicio do programa
Narón, 19 de novembro de 2018. O programa Camiño Escolar Seguro iniciouse esta mañá no colexio da Solaina. Os edís de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ata o citado centro educativo da cidade minutos antes do inicio das clases para comprobar o funcionamento do programa neste centro no primeiro día. “Unha vez máis atopámonos con que esta iniciativa funciona cun rotundo éxito entre o alumnado, que nada máis chegar ao centro realiza o check point nos puntos habilitados, no caso da Solaina tres, un en cada unha das entradas do colexio”, explicou Sánchez Fojo. Do total dos 463 alumnos e alumnas do citado centro, 390 están xa anotados neste programa, o que supón que adquiriron o compromiso de acudir a pé, en bicicleta ou en patinete ao colexio polas rutas escolares deseñadas polo equipo de Educación Viaria do Concello, nesta ocasión en colaboración con persoal da Asociación ASCM, tal e como apuntaron os edís. As pegadas marcan o camiño ao centro desde a estrada de Castela, desde a zona de Santa Icía e tamén polas inmediacións da Pista Verde da Solaina, podendo elixir o alumnado a que mellor se adecúe ás súas necesidades en función do domicilio. O programa Camiño Escolar Seguro funciona xa nos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Jorge Juan, donde obtivo tamén unha moi boa resposta entre a comunidade escolar, tal e como recordaban hoxe os representantes da corporación local. “O obxectivo deste programa é fomentar a autonomía dos nenos e nenas de Primaria para ir ao colexio, garantindo a súa seguridade e mantendo informados puntualmente aos pais e nais do momento no que acceden ao recinto a través dunha mensaxe ao seu teléfono móbil”, recordou Taibo. O premio final son os agasallos que poderán canxear polas “pegadas” do check point unha vez acumulen os puntos solicitados en función dos mesmos, doados por establecementos comerciais da cidade e tamén polo propio Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal