Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 312.000 EUROS Á REPOSICIÓN DE SERVIZOS NA RÚA CHANTADO E Á REPARACIÓN DO FIRME EN SAN XURXO, SEGURA TORRELLA E CERRALLÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que con cargo a fondos da administración local se licitarán novas melloras en viais da zona urbana e rural e tamén en accesibilidade
Narón, 3 de decembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os edís de Obras, Pablo Mauriz, e Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a finais da semana pasada ata a rúa Chantado (Alto do Castiñeiro) para ver a evolución dos traballos de reposición de servizos que se acometen no citado vial e que supoñen, tal e como indicou a alcaldesa, un desembolso de 155.434 euros. Os traballos iniciáronse hai unhas semanas e a previsión é que estean rematados antes de finais deste ano, apuntou Ferreiro. “Esta actuación, xunto coas proxectadas para a mellora do firme das rúas San Xurxo, Segura Torrella e Cerrallón, que se iniciarán en xaneiro, suporán un investimento de algo máis de 312.000 euros”, destacou a alcaldesa. A intervención que se acomete na rúa Chantado, tal e como explicou o concelleiro de Obras, “inclúe tamén a reposición de beirarrúas deste vial, que serán máis anchas, co que aproveitamos este proxecto de reposición de servizos para mellorar tamén a accesibilidade desta rúa”. Á actuación na rúa Chantado súmanse tamén as que se iniciarán en xaneiro do vindeiro ano –cun prazo de execución de cinco meses- nas rúas San Xurxo, Segura Torrella e Cerrallón de Arriba, nos barrios de Piñeiros e Freixeiro e contratadas nun paquete único por un importe de 157.283 euros. No caso da rúa San Xurxo (O Ponto) con cargo á actuación contemplada substituiranse as vellas redes de sumidoiros de formigón e a de abastecemento, renovando por completo as canalizacións. No referente ao citado vial, completarase ata alcanzar o ancho contemplado na zona polo Plan Xeral de Ordenación Municipal e aglomerarase, mellorando así o actual firme da vía. Na rúa Segura Torrella (Alto do Castiñeiro) tamén se colocará unha nova rede de recollida de pluviais e repavimentarase a calzada e, finalmente, na rúa Cerrallón (Piñeiros) acondicionarase a beirarrúa da zona edificada, reporase a liña de abastecemento e executarase a beirarrúa no citado tramo, contemplándose tamén a pavimentación da calzada. A alcaldesa recalcou que ás actuacións en marcha “sumaranse outras que están xa previstas con cargo a fondos da administración local e que permitirán mellorar outros viais da zona urbana, camiños do núcleo rural e tamén reparar beirarrúas e realizar melloras de accesibilidade en rúas e instalacións municipais”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal