Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA PARA DAR A COÑECER AS AXUDAS PÚBLICAS PARA EMPRENDEDORES E PEQUENAS EMPRESAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que a xornada terá lugar o vindeiro 12 de decembro no Café Teatro do Pazo da Cultura
Narón, 7 de decembro de 2018. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 12 de decembro, ás 20.00 horas, unha xornada informativa na que se darán a coñecer as liñas de axudas públicas convocadas desde diferentes administracións para favorecer a posta en marcha de novos proxectos empresariais e a xeración de emprego. Así o indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que animou a tódalas persoas interesadas a asistir a esta convocatoria, co fin de dar a coñecer as posibles subvencións que poden financiar os seus proxectos de negocio. Jacobo Suárez e Elena López, da consultoría Avanza.gal serán as persoas encargadas de expoñer aos asistentes as diferentes convocatorias de subvencións e vantaxes impulsadas a través do Goberno central, a Xunta de Galicia, e a Deputación da Coruña. Na sesión, tal e como avanzaron, realizarase especial incidencia naquelas financiadas con cargo a fondos europeos. A través desta xornada informativa, tal e como apuntou Ferreiro, “apóstase por ofrecer a máxima información ás empresas e persoas emprendedoras para que consigan acadar a máxima axuda económica posible para os seus proxectos empresariais”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal