Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CÓMICOS ISABEL RISCO, FRAN REI E PEDRO BRANDARIZ REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA "FALAR SEN CANCELAS"
A convocatoria será a partir das 20.30 horas o 13 de decembro, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 12 de decembro de 2018. Os actores Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz subiranse o 13 de decembro ao escenario do Pazo da Cultura para representar a comedia teatral Falar sen cancelas, de Culturactiva. Este espectáculo, que integra tamén o circo e o clown, comezará ás 20.30 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse a un prezo de 9,50 para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) na billeteira do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es. Esta proposta de “humor galego apocalíptico” e “comedia pesimista”, tal e como o definiu a propia produtora, Culturactiva, dará mostra da compenetración sobre o escenario destes tres cómicos, que xa colaboraron noutros espectáculos. Un andazo que trata de acabar coa galeguidade centra a temática desta peza teatral, chegando a atacar aos tres humoristas ata impedirlles falar galego en público. Lonxe de quedar de brazos cruzados os actores realizarán unha serie de reflexións cómicas sobre a galeguidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal