Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E QUINCE ASOCIACIÓNS ORGANIZAN O PROGRAMA UN MUNDO CHEO DE DIVERSIDADE
O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e o Centro Comercial Odeón acollerán os días 14 e 15 de decembro varias actividades abertas á participación da cidadanía en xeral
Narón, 12 de decembro de 2018. O programa Un mundo cheo de diversidade, impulsado polo Concello de Narón e un total de quince asociacións, desenvolveranse o venres 14 e o sábado 15 nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e o Centro Comercial Odeón. As propostas son abertas á participación da cidadanía en xeral, tal e como indicaron as edís de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, que animaron á veciñanza de Narón e comarca a asistir aos diferentes actos, que aglutinan propostas relacionadas coa inmigración, a diversidade funcional e a violencia de xénero. As actividades comezarán o venres ás 17.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, donde García e Sabio presentarán a convocatoria. A continuación comezará unha mesa redonda, na que intervirán Beatriz Dorrio, do Patronato Concepción Arenal, que falará sobre “Muller e diversidade”; Cristina Taboada, da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), que abordará o tema de “Visibilizar o invisible. Distintas formas de violencia cara ás mulleres con diversidade”, para facer un descanso entre as 17.55 e as 18.05. A partir desa hora retomarase a mesa redonda, con Cornelia Adascalitei, de Movilidad Humana, que abordará o “Testemuño dunha muller migrante” e Claudia Senra, da mesma entidade, que falará de “A dobre discriminación das mulleres migrantes, para pechar a convocatoria Inmaculada Rial, da Asociación Cultural ASCM, coa charla: “En primeira persoa, muller con discapacidade”. Ao remate das intervencións haberá unha degustación de comidas do mundo, con menús elaborados por diferentes países –Senegal, Marrocos, Cuba, Perú, Colombia…- e tamén se poderán tomar un café xitano e bebidas tropicais, tal e como se apuntou desde a organización. As persoas que asistan recibirán un recetario con algunhas das propostas culinarias doutros países do mundo. Así mesmo, nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros poderase ver durante todo este mes unha exposición sobre “Muller e diversidade”, formada por unhas corenta imaxes aportadas polas asociacións de Movilidad Humana, Teima Down, Aspanaes, Diversidade Funcional Ferrolterra e Asociación Cultural ASCM. O sábado día 15 continuará a programación de Un mundo de diversidade no Centro Comercial Odeón, donde entre as 17.00 e as 19.00 horas haberá unha Mostra interactiva sobre inclusión social de diferentes colectivos. As propostas para a xornada inclúen mesas informativas das diferentes asociacións que colaboran no acto; bailes multiculturais, desfiles de roupas do mundo e obradoiros interactivos de Lingua de signos, Tecido e cardado de lá, Xogos asiáticos e Pintacaras e globoflexia –a cargo da AXF, Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal, Gaikai e a Asociación Cultural ASCM respectivamente-. As edís naronesas agradeceron a colaboración nesta proposta de tódalas entidades participantes: Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal (Afaes), Teima Down, Nuestra Señora de Chamorro, Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), Asociación de Senegaleses de Narón, Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (Aspanaes), Asociación Cultural ASCM, Diversidade Funcional (Diverfec), Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Vida Activa, Asociación de Pais e Nais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi), Asociación de cultura asiática Gaikai, Movilidad Humana e Patronato Concepción Arenal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal