Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ALBERGARÁ PRETO DE UN CENTENAR DE POSTOS DE VENDA NO "X MERCADO DE SEGUNDA MAN"
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, animou á veciñanza a acudir á convocatoria, que terá lugar o vindeiro 16 de decembro
Narón, 12 de decembro de 2018. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá este domingo, día 16, a décima edición do Mercado de Segunda Man organizado polo Concello. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, explicou que preto dun centenar de persoas solicitaron a instalación de postos de venda na nave do Trece, desde donde ofrecerán aos visitantes varios artículos de segunda man. O recinto permanecerá aberto entre as 10.00 e as 14.00 e tamén pola tarde, de 16.00 a 19.00 horas, e poderanse adquirir roupa, calzado, antigüidades, libros, e outros artículos. Coas compras realizadas entregaranse uns tickets para participar no sorteo de catro cestas con produtos de Nadal –dúas entregaranse pola mañá e outras dúas pola tarde-, tal e como avanzou a edil naronesa. O Mercado de Segunda Man terá un ano máis unha vertente solidaria. Os titulares dos postos de venda doarán, como mínimo, catro quilos de alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, ao igual que as doazóns que poderán realizar as persoas que se acheguen ata o evento nun espazo habilitado para tal fin. A concelleira de Mercados animou á veciñanza da cidade e doutros concellos a asistir a este evento “no que terán a oportunidade de adquirir unha gran variedade de artículos de segunda man que traerán esas preto de cen persoas que solicitaron a instalación dalgún posto, e tamén de colaborar co Centro de Recursos Solidarios para axudar ás familias que máis o precisan”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal