Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SAGRARIO MÉNDEZ ROMERO E FELICIDAD LEIRA SERANTES, GAÑADORAS DE DÚAS CESTAS DE NADAL
A campaña "Comercio de Nadal, en Narón e sempre" sorteará a principios de xaneiro catro vales de compra entre a clientela dos establecementos adheridos, tal e como recordou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño
Narón, 26 de decembro de 2018. O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e o propietario do establecemento O Muíño do Fabal, Emilio Romero, entregaron esta mañá dúas cestas das catro sorteadas no marco da campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre. Sagrario Méndez Romero, veciña de Narón, obtivo unha das cestas sorteadas no establecemento de peluquería Ana y Hermi e Felicidad Leira Serantes, de Ferrol, outra do sorteo realizado en O Muíño do Fabal. Recolleron as cestas en nome das gañadoras Carlos Ameneiro e Enrique Díaz, respectivamente. A maiores das catro cestas xa entregadas –dúas a semana pasada-, nesta mesma campaña procederase a sortear catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300. A entrega está prevista para o 11 de xaneiro e as persoas interesadas en participar poden facelo realizando compras nos establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa, que están debidamente identificados e con urnas no interior nas que depositar as papeletas que lles entregan coas súas compras para poder participar nos sorteos. A campaña, na que participan máis dun cento de establecementos do municipio, rematará o vindeiro 8 de xaneiro. O edil de Promoción Económica felicitou ás persoas gañadoras das dúas cestas e animou á cidadanía de Narón e doutros concellos a sumarse a esta iniciativa, apostando por realizar as súas compras no comercio de Narón, do que unha vez máis destacou a súa variedade e calidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal