Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICIA LOCAL COMBINA DEPORTE, EDUCACIÓN VIAL E HISTORIA NAS RUTAS CICLISTAS PARA ESCOLARES
A primeira saída levou os nenos de A Solaina ó castro de Eiravedra
O Concello de Narón pon de novo en marcha as rutas ciclistas para os nenos dos colexios do municipio, que combinan dun xeito lúdico deporte, educación vial e historia. A Policía Local organiza o programa de saídas, coordina as actividades e imparte os coñecementos básicos de educación vial; tanto a nivel teórico con exposicións nos colexios, como a nivel práctico coas rutas en bicicleta marcadas. A técnico auxiliar do arquivo, Anabel Bello Platas, súmase este ano tamén á iniciativa para aportarlle un matiz histórico, con charlas adaptadas a idade dos rapaces sobre a historia do municipio e das zonas visitadas. O programa de actividades comezou esta mañá coa visita de medio centenar de alumnos de A Solaina ó castro de Eiravedra. Os nenos desprazáronse en tren ata Sedes, e, unha vez alí, subiron ata o castro en bicicleta, onde viviron unha introdución ó mundo castrexo, a súa historia, e a forma de vida dos habitantes dos castros. Tamén tiveron acceso a mostras de cerámica, torques, e a unha reprodución do plato de Eiravedra, propiedade do Concello. Os escolares recibiron un bocadillo e un refresco antes da súa volta ó colexio. A compañía Coca-Cola colabora coa iniciativa neste senso. A Policía Local levará esta iniciativa a dez colexios de Narón, en actividades que se desenrolarán ata o día 10 de decembro. A seguinte cita será hoxe. Visitarán o colexio Ayala ás 9:00 horas, para dar unha charla ós nenos de 1º e 2º curso, e farán unha saída a Xuvia as 15:30 horas cos rapaces do colexio Santiago Apóstol de 5º e 6º ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal