Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INVESTIU 6.000 EUROS NA REPOSICIÓN DO CHAN DO PANTALÁN DO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou a importancia dos traballos, que se acometeron no prazo de aproximadamente unha semana
Narón, 31 de xaneiro de 2019. O Concello de Narón destinou unha partida de 6.000 euros á renovación do chan do pantalán localizado no paseo marítimo de Xuvia. A estrutura, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, “substitúe á que se atopaba xa na zona pero que estaba deteriorada e que se decidiu retirar para garantir que cumpra coas súas funcións nas máximas garantías dos usuarios e usuarias”. Os traballos consistiron na reposición das táboas do antigo pantalán por outras de fibra de madeira e polietileno cuns pigmentos resistentes aos efectos dos raios UV, para evitar que se danen as novas táboas -–gretas, astillas…- e con dez anos de garantía. O material colocouse a través dun sistema de fixación oculta e os traballos executáronse no prazo de aproximadamente unha semana, tal e como explicou o concelleiro. O pantalán ten algo máis de vinte e tres metros de ancho e dous e medio de alto e a rampa de acceso á plataforma unha lonxitude de doce metros e un ancho de un. O pantalán de Xuvia utilízano habitualmente as persoas que practican actividades acuáticas na zona, como os integrantes do Clube de Piragüismo de Narón e tamén os propietarios de pequenas embarcacións. A estrutura instalouse no paseo coincidindo coa execución das obras da segunda fase do paseo marítimo de Xuvia, hai máis dunha década. “Cos traballos realizados na estrutura a zona conta cun pantalán totalmente renovado e en perfectas condicións para o seu uso”, apuntou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal