Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADAS NO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO E UNHA MOCIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
A moción en defensa da sanidade pública aprobouse con todos os votos favorables da corporación excepto catro dos edís do PP
Narón, 31 de xaneiro de 2019. Na sesión plenaria desta tarde saíu adiante por asentemento unha declaración institucional -presentada como moción polo grupo municipal do PSOE- sobre a política do goberno galego en relación á violencia de xénero. No documento apóstase por reforzar e continuar poñendo en valor as medidas no Congreso e no Senado do Pacto de Estado nesta área para erradicar esta lacra social. Así mesmo, rexéitanse posicionamentos políticos que impulsen a eliminación ou minoración de medidas para a protección das mulleres contra a violencia machista e tamén os acordos con formacións que plantexan suprimir ou reducir medidas de protección das vítimas. A repulsa a todas as manifestacións de violencia, o compromiso coas vítimas, e a tolerancia cero cos maltratadores son outros dos acordos contemplados no documento. O BNG levou ao pleno unha moción en defensa da sanidade pública, que se aprobou con todos os votos favorables excepto os dos edís do PP, instando á Xunta a rectificar a súa política sanitaria. Entre outras medidas, solicítase un incremento do orzamento dedicado a Sanidade e o dimensionamento e estabilización dos cadros de persoal, convocando as prazas vacantes en todas as categorías con contratos estables e dignos. Tamén se esixe a eliminación das listas de espera, un Plan de Mellora da Atención Primaria, a reversión das privatizacións, apostando pola xestión propia dos servizos sanitarios, e a eliminación do copago farmacéutico. A través de ENE o Grupo Mixto presentou unha moción para solicitar as subvencións da Xunta para contratar a persoas perceptoras do Risga para mellorar a accesibilidade do entorno urbán. A moción rexeitouse, entendendo que o Concello non pode garantir que as persoas en situación de risco ou exclusión que se contraten a través dese sistema teñan os coñecementos específicos para realizar tarefas de accesibilidade, tal e como se requería na moción. Con carácter urxente presentouse unha moción a través do Grupo Mixto (EU), para reprobar ao exministro de Defensa, Pedro Morenés, polo adiamento e a parálise dos contratos das fragatas F-110 para o estaleiro de Navantia, de cuxo plantel forman parte veciños e veciñas de Narón e doutros concellos da comarca. No documento tamén se insta ao Goberno Central a valorar a posibilidade de denunciar os feitos ante a Fiscalía. A moción aprobouse co respaldo do tripartito naronés (TEGA, PSOE e BNG). O portavoz de EU (Grupo Mixto) retirou da orde do día antes do pleno unha moción solicitando o estudo de medidas en materia de vivenda e alugueiro para a cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal