Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 936.000 EUROS Á REPARACIÓN DE PAVIMENTOS EN VIAIS E AO APARCAMENTO DISUASORIO DA SOLAINA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a apertura do prazo de licitación dos traballos e destacou o importante investimento que se levará a cabo na mellora de infraestruturas na zona urbana e rural
Narón, 2 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a licitación dun conxunto de actuacións en rúas e camiños das zonas urbana e rural do termo municipal e ao acondicionamento do estacionamento disuasorio da Solaina por un importe conxunto de 936.085 euros. A rexedora local subliñou que “esta intervención permitirá mellorar considerablemente o estado que presentan máis dunha trintena de viais de todas as parroquias do rural e barrios desta cidade, ao tempo que o de varias beirarrúas e tamén habilitar unha ampla zona de aparcamento público no barrio da Solaina”. Ferreiro incidiu en que “co fin de axilizar estes traballos agrupáronse as obras en varios lotes, un total de sete, para actuar por áreas ao mesmo tempo en función das características e da tipoloxía dos traballos a realizar”. As intervencións nos viais consistirán no reforzo de rodadura nos camiños de Pradelo, Verruga e da Lebre (nas parroquias de Pedroso, San Xiao e Piñeiros) e os acondicionamenos das beiravías en Santa (Doso) e na área recreativa de Pedroso, por un importe de 91.126 euros; a mellora de pavimentos en Sabín, na rúa Filomena Dato, A Pena, Igrexa, Lodairo e A Chousa (Sedes, Castro, Piñeiros e O Couto), orzamentadas en 134.360 euros; o reforzo de rodadura nos camiños de Bardas, Corval e Leiras-Pena (no Val e San Mateo), valoradas en 139.205 euros; a reposición de rodadura nas rúas Hortiña, Bispo Argaya, Grove, Pérez Lugín e outras (Cangas, Cid, Mosteiro de San Martiño, Rafael Dieste, Duque de Rivas, Bon Xesús, Camiño da Torre, Xaquín Bruquetas, Illas Sisargas, Mestre Mateo-Vivendas da Mariña, Travesía en Cornido, Camiño da Revolta, e rúas Río Eume e Calderón de la Barca), por 157.455 euros. A maiores, están proxectadas pavimentacións de viais na Gándara, San Martiño, Piñeiros e Xuvia (Álvaro Paradela, Finca Romero, Camiño da Veiga, Mosteiro de Caaveiro, Domirón-Mosteiro de Samos, Pabellón, Avenida do Mar, Otero Pedrayo, San Carlos, Peregrino, Travesía do Ponto, Bailén, Río Pereiro, Portonovo e Colexio Ponte de Xuvia), orzamentadas en 228.445 euros. En canto ás beirarrúas e accesos peonís, figuran reparacións nos accesos aos colexios Santiago Apóstol (rúa Ferrol) e da Gándara, e nas rúas Martín Códax, Virxe de Covadonga, María Casares, Pontevedra, Mercedes Freire e no acceso ao apeadeiro do Camiño da Torre, por 107.646 euros. O aparcamento provisional de proximidade no barrio da Solaina -77.845 euros- é outro dos proxectos enmarcados neste procedemento de licitación. Neste caso a actuación acometerase nun terreo cedido polos propietarios, de aproximadamente 4.000 metros cadrados de superficie e localizado entre as rúas Coruña, Cardeal Cisneros e Lugo. Este estacionamento habilitará 76 prazas para turismos, reservándose tres para persoas con mobilidade reducida que estarán próximas aos accesos ao estacionamento, previstos desde as rúas Cardenal Cisneros e Hermanos Pinzón e con dúas saídas pola rúa Coruña. “Cada un dos sete lotes desta actuación ten unhas características comúns, polo que é posible contratalos de xeito independente para que este feito repercuta tanto na especialización das empresas que finalmente realicen os traballos, o que garantirá mellores resultados, como nos prazos de execución dos mesmos”, explicou Ferreiro. As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o 18 de febrero ás 23.59 horas a través da Sede Electrónica do Concello de Narón. “En función dos trámites correspondentes a este tipo de procedementos, confiamos en que o vindeiro mes de abril poidan comezar a executarse estes traballos na cidade”, avanzou a rexedora local. Así mesmo, Marián Ferreiro subliñou que “este investimento de preto de un millón de euros en melloras viarias e no estacionamento disuasorio da Solaina responde á firme aposta do goberno local pola mellora das infraestruturas desta cidade, que está previsto completar nos vindeiros meses con novos proxectos nesta mesma liña, tamén nas zonas urbana e rural, valorados nuns 400.000 euros”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal