Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LA ACTRIZ LOLITA FLORES PROTAGONIZARÁ ESTE VIERNE EN EL PAZO LA OBRA "FEDRA" Y EL DOMINGO ACTUARÁ LA BANDA DE MÚSICA INFANTIL TROTAVENTOS
As entradas aínda disponibles para estes dous espectáculos culturais poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 5 de febreiro de 2019. A actriz Lolita Flores subirase o vindeiro venres, día 8, ao escenario do Pazo para representar a obra Fedra, da compañía Pentación. Estará acompañada polos tamén actores Juan Fernandez, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sainz, que xunto con Lolita Flores representarán unha peza tráxica protagonizada por Fedra, unha raíña enferma interpretada por Lolita e da que os médicos descoñecen a orixe da súa doenza. A representación comezará ás 20.30 horas. Fedra é unha peza teatral que reflicte un amor non correspondido, o que a protagonista sinte polo seu fillastro a través dun desexo que trata de resistir. As acusacións e a morte estarán moi presentes nesta historia dun amor prisioneiro e indecente. As entradas aínda dispoñibles para ver Fedra poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Na xornada do domingo, día 10, continuará ás 18.00 horas a programación cultural no Pazo, nesta ocasión cun concerto de música folk a cargo do grupo Trotaventos dirixido ao público familiar e infantil. A fiestra dos soños é o título do primeiro traballo desta nova banda musical, que protagonizará un espectáculo para soñadores baseándose nunha serie de historias independentes nas que a poesía se convirte en cancións cunha gran variedade de influencias e ritmos, compases e tonalidades, sen perder en ningún momento de vista a música popular. As entradas para o concerto de Trotaventos teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal