Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE TRABALLO PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DE SEDES PRESENTA O SEU PROGRAMA NO CONCELLO
Esta “folla de ruta” nace coa finalidade de servir de guía de traballo, seguimento e xestión do seu grupo
O Concello de Narón acolleu a presentación do programa de referencia do Grupo de Traballo para o Desenvolvemento Socioeconómico desta parroquia. Na rolda de prensa estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Manuela Pérez, e representantes veciñais de Sedes, pertencentes a varios colectivos agora agrupados no Grupo de Traballo: A.VV. Rosa dos Ventos, Asociación de Mulleres Rurais de Sedes, Asociación Eiravedra, Fororural, empresarios de Sedes e colaboracións individuais. O Programa de Referencia 2008-2009 é o froito dun ano de traballo veciñal, nun primeiro momento en reunións e planificacións, en un segundo momento de aplicación práctica, no que se levou a cabo un estudo de campo no que acadouse una poboación obxecto do estudo do 95%, 940 persoas das 1000 que compoñen o censo de Sedes. A cada unha delas fíxoselle un cuestionario con preguntas pechadas e abertas para recoller as necesidades percibidas pola veciñanza da parroquia. É dese estudo de onde sae o programa de actuación do Grupo de Traballo. Un programa dividido en tres sectores: Infraestruturas, Programación de actividades comunitarias e Mantemento de servizos urbanísticos varios. Entre as melloras propostas figuran a construción dunha vivenda comunitaria para persoas asistidas, un novo recinto feiral na Feira do 13, elemento identificativo da parroquia por autonomasia, ou un novo pavillón. Tamén aparecen demandas de melloras no transporte con desvíos bucle que deberían deixar a todos os puntos da parroquia comunicados. E xa en termos xerais a renovación de Sedes, que é unha das parroquias galegas máis envellecidas, tanto a nivel urbanístico como rural, ensamblando a cultura no espazo no que foi concibida. A idea xeral do programa recolleuna en palabras un dos compoñentes do Grupo de Traballo, Francisco Fernández, afirmando que aínda que os veciños do rural teñen un modelo de vida distinto ó urbano, teñen dereito os mesmos servizos e calidade de vida. Manuela Pérez salientou a importancia da mobilización veciñal en Sedes, alcanzando reunións de medio centenar de veciños que non chegaron a coller nos locais asignados para os encontros. A Concelleira mostrou o respaldo municipal a unha iniciativa tan válida como a dos veciños que queren conseguir un sitio mellor para os seus fillos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal