Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RENOVARÁ OS RECURSOS INFORMÁTICOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Permanecerá pechada os días 17 e 18 para poder realizar os cambios dos equipos
O Concello de Narón, dende a Concellería de Novas Tecnoloxías, procederá á renovación dos recursos informáticos da Biblioteca Municipal do Alto. Por este motivo a biblioteca pechará as súas portas os días 17 e 18, reabrindo o día 19 coas novas prestacións xa dispoñibles ós usuarios. Os trinta postos informáticos xa existentes, e non todos operativos a día de hoxe, serán renovados, producíndose unha serie de melloras. As pantallas pasarán a ser planas e con soporte mural, o que permitirá dotar de moito más espazo ás mesas, o non ocupalo os monitores nin os seus pés. E tamén ampliarán o seu tamaño, de 15 polgadas a 19. Todos os ratos pasarán a ser ópticos, solucionando o posible problema do exceso de cableado. Ademais, todos os equipos contarán con gravadoras de CD e DVD, e conexións para calquera tipo de cámara dixital. A finalidade é a de que os usuarios poidan traballar co seu material dixital libremente, sacándolle o máximo rendemento ás instalacións. Asemade, para dar privacidade a todos estes usos, producirase un borrado de información tralo peche da sesión, polo que todos os datos manexados non poderán compartirse involuntariamente co seguinte usuario. O orzamento para esta modernización supera os 30.000€.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal