Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA ADQUIRIR OS TICKETS DA CEA DA MULLER
A cita terá lugar o 22 de marzo no restaurante Sercotel Odeón a partir das 21.30 horas e na mesma rendirase una homenaxe á Muller do Ano 2019 de Narón, Izaskun Hernáez
Narón, 14 de marzo de 2019. As persoas interesadas en asistir á Cea da Muller que se celebrará o vindeiro día 22 de marzo nas instalacións do restaurante Sercotel Odeón, poden adquirir os tickets, a un prezo de 20 euros por persoa, nas instalacións do citado establecemento de hostalería da cidade, hoxe ou mañá venres (último día). A Cea da Muller, na que se homenaxeará publicamente á deportista Izaskun Hernáez López, Muller do Ano 2019 de Narón, comezará ás 21.30 horas. Familiares e amizades de Hernáez acudirán a esta convocatoria, á que tamén asistirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e outras edís da corporación local naronesa. Coa Cea da Muller rematará o programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, e que se iniciou o pasado 8 de marzo coa iluminación en cor malva da fachada do Pazo da Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal