Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA CONFERENCIA DA ASOCIACIÓN ÁUREGA
A convocatoria, baixo o título "A miña filla/o meu fillo ten altas capacidades!?" desenvolverase entre as 17.00 e as 18.30 horas
Narón, 15 de marzo de 2019. O Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros acollerá mañá, entre as 17.00 e as 18.30 horas, a conferencia “A miña filla/o meu fillo ten altas capacidades!?” A convocatoria está organizada pola Asociación Áurega (Asertividad, Unión, Resiliencia, Empatía, Gracias, Armonía) e conta coa colaboración do Concello. A vicepresidenta de Áurega, Elena Silvar, presentará a conferencia, na que intervirá como poñente a psicóloga clínica Melania Beceiro. Áurega é unha entidade sen ánimo de lucro que a día de hoxe conta cunha vintena de socios/as e que traballa con vinte e oito nenos e nenas de entre 5 e 14 anos con altas capacidades, talentos e/ou inquedanzas intelectuais. Desde o Concello anímase á cidadanía a asistir a esta conferencia, para coñecer o traballo que realiza o colectivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal