Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS DE MATRÍCULA NOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARA MENORES QUE INICIAN O VINDEIRO CURSO A SÚA ETAPA ESCOLAR
O prazo de inscrición nos centros públicos e concertados da cidade remata o mércores día 20 de marzo
Narón, 18 de marzo de 2019. As familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas de 3 anos (nados en 2016) nos centros de ensino da cidade dispoñen de prazo ata o mércores día 20, incluído, para realizar os pertinentes trámites nos colexios públicos e concertados da localidade. O Concello de Narón puxo a disposición da veciñanza este ano unha páxina web: http://buscocole.naron.es/ para poder consultar información sobre os colexios da cidade, así como para dar a coñecer, en función do domicilio dos menores, cal é o seu centro de referencia. No termo municipal naronés ofértanse para o vindeiro curso 2019/2020 un total de 374 prazas, das que 50 son no colexio da Gándara e outras tantas nos da Solaina e no Santiago Apóstol; 39 no colexio do Feal; 25 nos de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, Ayala, Jorge Juan e no CRA de Domirón e do Val; e un total de 10 na escola de Pedroso/Sedes (CRA).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal