Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECORRERÁ ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN COAS PERSOAS XORDAS
Paloma González e Miguel Hermida visitarona Asociación Comarcal de Xordos
Os Concelleiros de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e Servizos Sociais, Miguel Hermida, visitaron a Asociación Comarcal de Xordos, para coñecer os medios que a asociación posúe para facilitar a comunicación das persoas xordas na vida diaria, e, en particular, na súa relación coa administración. En Galicia existen na actualidade 76.676 persoas con certificado de discapacidade auditiva, 181 das cales pertencen ó termo municipal de Narón. O Concello proponse eliminar as barreiras que se lle presentan a este colectivo á hora de resolver trámites ou dirixirse ós distintos departamentos municipais, prestando un servizo igualitario a todos os veciños. A presidenta da Asociación, Teresa Gallo, mostroulles o local, o persoal co que contan na actualidade, e os distintos recursos de comunicación que os xordos usan na súa relación diaria coas persoas oíntes que non coñecen a Lingua de Signos. Ademais dos medios máis obvios como o sistema de mensaxes de texto por medio de teléfonos móbiles, e o uso de internet para correo electrónico e sesións de chat vía messenger, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia está a probar un novo sistema denominado SVIsual que funciona dun xeito moi parecido ó Centro de Intermediación de Madrid. SVIsual permite a conexión de son e vídeo a tempo real, a través dun vídeo-intérprete que realiza as labores de interpretación solicitada por cada usuario co fin de establecer unha comunicación fluída co seu interlocutor, xa se trate doutra persoa xorda, con discapacidade auditiva ou persoa oínte. O proceso é o seguinte: A persoa xorda poderá poñerse en contacto co servizo de video- interpretación a través dun teléfono convencional. Una vez que SVIsual reciba a súa chamada, un video-intérprete solicitaralle algún datos de contacto da persoa coa que desexa contactar, nome a apelidos no caso de que se trate dun usuario rexistrado, ou dirección IP no resto dos casos. O video-intérprete entrará en contacto co interlocutor a través dos datos facilitados y, cando este conteste, comezará a video- interpretación. Aínda que na Asociación Comarcal de Xordos non teñen aínda probado este sistema, SVIsual xa está a funcionar con éxito en catro comunidades españolas ademais de Galicia: Madrid, Valencia, Asturias e Aragón. Paloma González e Miguel Hermida tiveron tamén a oportunidade de pór en uso algún dos recursos informáticos, participando nunha videoconferencia en lingua de signos (asistida por un intérprete) co Secretario Xeral da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Enrique Santos. Os dous edís populares barallan a posibilidade de visitar a Federación de Asociacións de Persoas Xordas Galegas para comprobar in situ a operatividade do sistema SVIsual, e comprometéronse a manter contacto con Teresa Gallo para concretar a elección do sistema e para a posible organización no Concello de cursos dirixidos especificamente a persoas xordas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal