Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ESPECTÁCULOS "ENTRESOÑOS" E "ARLEQUINA" PODERÁN VERSE ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
Fran Sieira Compañía de Danza e Os Monicreques de Kukas traerán ao Pazo os dous últimos espectáculos do Padroado da Cultura para o primeiro trimestre do ano
Narón, 28 de marzo de 2019. O Pazo da Cultura acollerá o sábado e o domingo dous novos espectáculos: Entresoños, de Fran Sieira Compañía de Danza na xornada do día 30, e Arlequina, de Os Monicreques de Kukas, o 31, pechando así a programación do primeiro trimestre de ano do Padroado da Cultura. A danza tradicional de Fran Sieira chegará ao Pazo o sábado, ás 20.00 horas, coa obra Entresoños, no que a música e o movemento flúen con total liberdade. O baile e a música tradicionais centran este espectáculo, cun elenco formado ademais de por Fran Sieira, por Xisco Feijoó e Aida Tarrío. As entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O público familiar e infantil ten unha cita o domingo co espectáculo de teatro musical Arlequina, que poderá verse no Pazo a partir das 18.00 horas. O traballo actoral e a pantomima combínanse nesta proposta de Marcelino de Santiago (Kukas) coa animación de marionetas e a maxia coa música en directo nunha trepidante aventura que vive Arlequina, unha peculiar marioneta na busca da súa identidade. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal