Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COSMA INVERTIRÁ 332.700 EUROS NOS TRABALLOS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE OS VILARES
A alcaldesa da cidade e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, explicou que os traballos, que permitirán dar servizo ata preto dun cento de vivendas, enmárcase no Plan de Investimentos 2018-2023 da empresa mixta de augas do municipio
Narón, 29 de marzo de 2019. O Consello de Administración da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, aprobou a adxudicación das obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Os Vilares, na parroquia do Val. A instalación da rede de colectores nesta zona realizarase en dúas fases, tal e como apuntou a presidenta de Cosma e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que suporán un investimento, indicou, de 332.743 euros. Un total de cinco empresas presentaron as súas ofertas, se ben finalmente a firma Sociedad Española de Aguas Filtradas SA foi a que obtivo unha mellor puntuación “e ofrecendo unha serie de melloras valoradas económicamente en algo máis de 100.000 euros”, tal e como apuntou a presidenta do organismo. “Cos traballos a executar nos vindeiros meses darase servizo de saneamento a un total de 66 vivendas do lugar de Os Vilares, se ben a previsión para implantar este servizo coas obras a executar permitirá alcanzar as 89 vivendas, traballando deste xeito coa previsión de que no futuro se inicien novas construcións”, explicou Ferreiro. Na primeira das fases dos traballos procederase a instalar 1.624 metros de colector, se ben no segundo tramo se instalarán 1.207. “Hoxe demos luz verde á licitación duns traballos que permitirán ampliar a rede de saneamento no noso municipio, concretamente na zona rural, avanzando deste xeito no Plan de Investimentos de Cosma para o período 2018-2023”, apuntou Ferreiro. Sobre este plan, a presidenta de Cosma recordou que “o investimento global deste plan ascende a 2.605.768 euros”. Con cargo a esta partida está rematada a primeira fase e a piques de rematar a segunda das obras de ampliación da rede de saneamento en Cima de Vila (O Val); rematouse o reforzo de abastecemento das parroquias de Castro, O Val e San Xiao; executaranse as obras hoxe adxudicadas no Consello de Administración de Cosma no lugar de Os Vilares e prevese o reforzo da rede de saneamento na estrada de Castela; a renovación de redes na do Feal (no vial da Deputación e no do Concello), a ampliación da rede de saneamento en Outeiros (O Val) e tamén a ampliación no Salgueiral (Sedes).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal