Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁ MAÑÁ NO PAZO A OBRA "MENTRES AGARDO A MORTE"
A representación, a cargo de dez alumnas e alumnos de terceiro curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón, dará comezo ás 20.30 horas
Narón, 3 de abril de 2019. Alumnas e alumnos de terceiro curso da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón subiranse mañá ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra Mentres agardo a morte. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que se trata dun espectáculo no que se combinan o teatro e a danza e no que se realiza unha reflexión sobre a morte e todo o que a rodea. “O humor e o drama están moi presentes nesta peza, dirixida pola actriz Celia González e a bailarina e coreógrafa Cristina Montero e con Flor Maceiras como responsable de produción”, apuntou a edil. A cita será a partir das 20.30 e as entradas, que poden adquirirse na billeteira do Pazo, teñen un prezo de dous euros. As escenas con coreografías e os textos deste espectáculo, dirixido a persoas maiores de 14 anos, construíronse a través das conversas mantidas entre o profesorado e o alumnado sobre os pensamentos que a morte suscita nas persoas. Ese compendio de ideas deu paso a este traballo, no que actúan dez persoas de diversas idades: José Antonio Blanco, Marcela Ceballos, Margarita García, Marco Antonio García, Alberto Gundín, Antonio Jesús López, Sonnia Marín, José Manuel Tenreiro, María Prado e Roberto Vázquez.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal