Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS ACCIÓNS FORMATIVAS DE PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2
As persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos poderán inscribirse dende o 15 ata o 30 de abril, ambos días incluídos
Narón, 14 de abril de 2019. O Concello de Narón abrirá mañá luns, día 15, o prazo de inscrición en dúas accións formativas de Preparación Competencias Clave nivel 2 (Matemáticas, lingua castelá e galega). Así o anunciou a edil de Formación, Natalia Hermida, que avanzou que se trata de dous cursos que se impartirán o vindeiro mes de maio nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Estas accións do Programa Municipal de Formación diríxense a persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos. Os cursos de Preparación Competencias Clave nivel 2 impartiranse do 6 ao 24 de maio, de luns a venres en horario de 9.15 a 13.45 e poderán realizalos un máximo de trinta persoas, que se dividirán en dúas quendas. A duración de cada unha destas accións formativas é de 60 horas. Á hora de seleccionar ao alumnado, tal e como indicou Hermida, terán prioridade aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocadas pola Xunta de Galicia (baixo a resolución do 25 de febreiro de 2019-DOG do 4 de marzo de 2019). As persoas que se atopen nesta situación deberán presentar xunto coa instancia das novas accións formativas unha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas de Competencia Clave de nivel 2 da citada convocatoria. O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro día 30 de abril e as persoas interesadas poden acceder ao formulario de solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou no Rexistro Municipal do Concello, neste último caso en horario de 8.30 a 13.30. Así mesmo, poderán inscribirse a través dos restantes medios contemplados no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información sobre estas accións formativas de Preparación Competencias Clave nivel 2 pódese chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107). Tamén se pode consultar a páxina web do Concello de Narón (enlace: http://www.naron.es/web/docs/CompetenciasNivel2.pdf).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal