Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DESEÑO DE MOCHILAS E BOLSAS
A Biblioteca municipal acollerá esta actividade, dirixida a persoas a partir de 16 anos, o vindeiro 24 de abril, tal e como indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 15 de abril de 2019. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro 24 de abril, ás 18.30 horas, un Obradoiro de mochilas e bolsas para lectores/as, dirixido a persoas a partir de 16 anos. Todas aquelas interesadas en participar poden inscribirse desde esta tarde, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando por teléfono ás citadas instalacións (981 382 173) no horario de apertura. Os participantes, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, poderán decorar utilizando diferentes técnicas artísticas e materiais –fieltros, cintas, abalorios…- bolsas e mochilas, persoalizándoas, que lles servirán para levar e traer os libros da Biblioteca ou para moitos outros usos. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a anotarse nesta actividade –de balde e donde se aportará todo o material- se ben, tal e como recalcou, os participantes deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal