Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIADAS AS OBRAS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VARIAS RÚAS E PRAZAS DA PARROQUIA DE XUVIA
Un equipo de operarios comezou esta mañá as tarefas con cargo ás que se substituirán un total de 170 luminarias de viais e prazas de Xuvia
Narón, 23 de abril de 2019. O Concello iniciou esta mañá en Xuvia os traballos correspondentes ao proxecto de mellora de eficiencia enerxética nesta parroquia da cidade. A actuación, orzamentada nuns 131.000 euros, permitirá substituír un total de 170 luminarias na zona, dotándoas de tecnoloxía led para reducir o consumo na factura eléctrica, a contaminación atmosférica e, ao tempo, mellorar considerablemente a iluminación en Xuvia. Os traballos cofinánciaos a Deputación da Coruña, a través do Plan Complementario da citada administración. A primeira hora da mañá os operarios que realizan as tarefas desprazábanse á zona da rúa Pereiro, á altura da empresa Megasa, donde comezaron a substituír as luminarias instaladas no citado vial. Na zona na que se executaba a actuación cortouse temporalmente o tráfico rodado, para así facilitar o desenvolvemento dos traballos, se ben se restableceu con total normalidade unha vez que finalizaron ese tramo. Na parroquia de Xuvia substituiranse as luminarias das rúas: Bailén, transversal de Megasa, Manuel de Cal, Cáceres, paralela a FEVE, río Baxoi, praza da estrada de Castela, Río do Porto, Río Inxerto e Río Pereiro, Camiño da Revolta, Somozas, Foro, Marcial Calvo, Praza do Concello, Xoán XXIII, Irmandade, Doutor Fleming, Paseo, Colexio (paseo da Ribeira), Praza de San Roque, Xoán de Cangas e camiño peonil desta vía, Garda Civil, Telleiras, Curros Enríquez, Río Forcadas, Irmáns Freire, acceso a FEVE e Altea. Nos barrios do Alto do Castiñeiro e Freixeiro tamén se orzamentaron traballos que en conxunto suporán un investimento de preto de 320.000 euros. Na zona do Alto proxéctase, tal e como xa se anunciou desde o Concello, a renovación de materiais e dotarase de alumeado ao parque infantil localizado ao final da rúa Italia, mentres que en Freixeiro se procederá tamén a renovar o actual sistema de alumeado por outro con tecnoloxía led.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal