Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE O PRIMEIRO COCHE HÍBRIDO DA COMARCA
Mestura motor eléctrico e de gasolina, ten un 4,3% de consumo e unhas emisións de CO₂ mínimas
O Alcalde de Narón presentou os tres novos vehículos cos que contará a Policía Municipal: un Chevrolet Matiz, un Chevrolet Lacetti e un Honda Civic. O gasto total ascende a 41.000€, aportados integramente polo Concello. Os trinta e tres policías que integran o corpo de seguridade local contarán a partir de hoxe con 4 motos e 7 coches operativos. A principal novidade a constitúe o Honda Civic, xa que se trata dun coche híbrido, que mestura un motor eléctrico de 15 CV e un de gasolina de 75 CV. Narón é o primeiro concello que fai uso desta tecnoloxía, nunha colaboración solidaria e decidida co medio ambiente. As emisións de CO₂ do vehículo son de 109 gramos por km, 21 gramos por debaixo do máximo que a Unión Europea estima fixar como obrigatorio no ano 2015 (130 g/km). O vehículo híbrido permite xestionar a potencia, recorrendo ó motor de gasolina en pendentes e altas velocidades, e usando o motor eléctrico para planicies, baixadas e os percorridos máis habituais dos policías, as patrullas. Xoán Gato recordou que as institucións teñen o deber de dar exemplo ó cidadán, e manifestou a intención do Concello de que todos os novos vehículos que adquira no futuro sexan de carácter ecolóxico.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal