Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA E AS AXENCIAS DE LECTURA MUNICIPAIS DA GÁNDARA E DA SOLAINA ACOLLERÁN VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Haberá propostas dirixidas a todo tipo de públicos, todas elas de balde e vencelladas á figura de Antón Fraguas, autor galego homenaxeado este ano o 17 de maio
Narón, 8 de maio de 2019. As actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na Biblioteca municipal e nas Axencias de Lectura municipais da Gándara e da Solaina comezarán a desenvolverse esta mesma fin de semana. Así o avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que o vindeiro sábado, día 11, terá lugar na Biblioteca o espectáculo infantil “Unha noite no muíño… lembrando a Antón Fraguas”, a partir das 11.00 horas. Trátase dunha proposta, indicou, dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e na que terán a oportunidade de descubrir como vivían, traballaban, vestían e pasaban o tempo os nosos antergos. Ferreiro recordou que as persoas que desexen asistir poden xa inscribirse na propia Biblioteca ou chamando por teléfono (981 382 173) no horario de apertura das instalacións. É preciso que os menores teñan o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes. Tamén na Biblioteca municipal, o día 16 de maio agasallarase cun libro en galego ás persoas que durante ese día utilicen o servizo de préstamo e o venres 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, a Biblioteca participará no espazo N de Narón, a festa das letras, con varias propostas que se desenvolverán pola mañá e pola tarde na Praza da Lectura, en Santa Icía. Nesa ubicación instalarase un punto de lectura no que se poderán consultar novidades editoriais en galego e tamén as biografías de autores e autoras que foron homenaxeados no Día das Letras Galegas. A maiores, realizaranse varios obradoiros. No que respecta á Axencia de Lectura da Gándara, o día 16 de maio tamén se agasallará cun libro en galego aos usuarios e usuarias do servizo de préstamo durante esa xornada. Así mesmo, na Ludoteca e Axencia de Lectura da Solaina a homenaxe a Antón Fraguas está presente todo este mes, coa temática: Galicia, tradicións, música e folclore, que inclúe o desenvolvemento de varios obradoiros e actividades relacionadas coas tradicións, as festas, a música e as letras. O día 14, entre as 16.00 e as 17.30 horas terá lugar un Obradoiro de instrumentos tradicionais da música galega, para nenas e nenos de 3 a 12 anos. A actividade, tal e como indicou Ferreiro, consistirá en coñecer diferentes instrumentos tradicionais galegos, que se poderán escoitar para finalmente bailar ao son dunha gaita. A actividade nas citadas instalacións da Solaina continuará o 16 de maio co Obradoiro de microrelatos Letras Galegas. Entre as 17.00 e as 19.00 horas as nenas e nenos de 7 a 12 anos realizarán diferentes xogos de lectoescritura adaptados ás súas idades e relacionados coa lingua e a literatura galegas. Os participantes poderán escribir un pequeño relato en lingua galega e traballarán con imaxes e textos vencellados ao Día das Letras Galegas e a Antón Fraguas. Por último, o 21 de maio os nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán aprender, de 18.00 a 19.00 horas, cantigas e xogos tradicionais. A maiores, o vindeiro venres, día 10, na Biblioteca municipal presentarase ás 18.30 horas a obra La felicidad viene en frasco pequeño, da naronesa Noemi Rodríguez. Neste libro, tal e como avanzou a autora, analízanse os erros que habitualmente cometemos na nosa búsqueda da felicidade. E na xornada do sábado 25, tamén na Biblioteca, terá lugar a actividade multidisciplinar Descubrimos África, para menores a partir de 4 anos, e na que se coñecerán tradicións, contos e xogos propios do continente africano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal