Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "CONCILIAVERÁN MANOELIÑA 2019"
O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá esta iniciativa entre o 1 de xullo e o 30 de agosto
Narón, 24 de maio de 2019. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este verán, do 1 de xullo ao 30 de agosto, o programa ConciliaVerán Manoeliña 2019. Esta iniciativa, para a que xa está aberto o prazo de inscrición (tramítanse no propio centro), diríxese a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e concíbese como unha oportunidade de conciliación da vida familiar e laboral. Os participantes no ConciliaVerán Manoeliña 2019 permanecerán nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, entre as 8.30 e as 14.30 horas. Durante este tempo, coa axuda de monitores, practicarán diferentes xogos ao aire libre, realizarán obradoiros de reciclaxe e de cociña, aprenderán xogos populares e tamén asistirán a sesións de robótica e tecnoloxía. As persoas interesadas en recibir máis información sobre as actividades a desenvolver e as taxas poden facelo chamando ao número de teléfono: 671 383 575 ou escribindo un correo electrónico á dirección: altocastano@domusvi.es.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es