Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ DO 1 DE XUÑO AO 15 DE SETEMBRO
As instalacións, localizadas na zona do parque do Río Freixeiro, abrirán de luns a domingo en horario de mañá e tarde, tal e como avanzou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida
Narón, 30 de maio de 2019. O vindeiro sábado, día 1, e ata o 15 de setembro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada na zona do parque fluvial do Río Freixeiro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas da bolsa de emprego municipal que atenderán as instalacións. O horario de apertura da oficina será de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados os domingos de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, tal e como avanzou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual. “Un ano máis, e durante tres meses e medio, teremos a oportunidade de dar a coñecer a través da Oficina de Turismo de Narón o patrimonio da nosa cidade, as actividades que se desenvolverán durante estes meses e tamén material do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, explicou Hermida, que animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a achegarse ata a oficina para solicitar toda a información e material turístico que precisen. As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301), no horario habitual de apertura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal