Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO INFANTIL "ASÍ COMO CHO CONTO!"
A actividade desenvolverase o vindeiro 8 de xuño nas instalacións da Biblioteca, a partir das 11.00 horas
Narón, 3 de xuño de 2019. O Concello convoca unha nova actividade na Biblioteca municipal dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos. Así como cho conto! é o título desta proposta, que se celebrará a partir das 11.00 horas e para a que se abrirá mañá martes –a partir das 16.00 horas- o prazo de inscrición, podendo tramitalas no mostrador da sala de adultos/as da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións, tal e como avanzou a concelleira en funcións da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo. Os menores participarán nun obradoiro no que se lles explicará todo o proceso dende que xorde unha nova ata que reciben información sobre a mesma, centrándose nos elementos claves, nas canles de comunicación e nos papeis que xogan no proceso os emisores e receptores da información. “Os nenos e as nenas terán a oportunidade de exercer durante unhas horas de xornalistas, e entre todos redactarán unha nova que lles gustaría ver publicada nun xornal e transmitiranlla aos seus compañeiros e compañeiras, aprendendo así un proceso habitual desta profesión”, explicou. Para inscribirse, subliñou Taibo, é preciso que os nenos e nenas non teñan sancións pendentes no carné da rede de Bibliotecas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal