Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE OITO MENORES SAHARAUIS CHEGARÁN EN XULLO Á CIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
Os rapaces e rapazas pasarán os meses de verán con sete familias da cidade, tal e como explicou a concelleira en funcións de Acción Social, Catalina García
Narón, 3 de xuño de 2019. Este verán un total de sete familias de Narón participarán no programa Vacacións en Paz, que traerá a oito menores á cidade o vindeiro mes de xullo para pasar aquí os meses de verán, afastados das elevadas temperaturas que se rexistran nesta época do ano no deserto de Arxelia. Das sete familias, catro repiten a súa participación neste programa, que un ano máis conta coa colaboración do Concello de Narón, se ben tres acollerán este ano menores por primeira vez, tal e como explicou a concelleira en funcións de Acción Social, Catalina García. O Concello incrementou o convenio coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui –asinado por primeira vez no ano 1997-, que alcanza un importe de 7.000 euros, en total 2.000 máis do que tiña anteriormente asignado. A través desta asociación xestiónanse, entre outros programas, o de Vacacións en Paz, a través do que este ano chegarán a Galicia 350 nenos e nenas dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia). Do total 200 repetirán experiencia, algúns incluso coa mesma familia, e outros 150 participan por primeira vez nesta iniciativa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal