Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "INFORMÁTICA DIVERTIDA"
O programa diríxese a menores de entre 8 e 12 anos empadroados en Narón e desenvolverase o vindeiro mes de xullo
Narón, 8 de xuño de 2019. A concelleira en funcións de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, o vindeiro luns día 10, no programa municipal educativo Informática Divertida (INDI). Esta iniciativa diríxese a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos empadroados en Narón, que terán a oportunidade de asistir a este programa municipal que se impartirá do 2 ao 31 de xullo. As sesións terán lugar na Aula Cemit de Xuvia -de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30 horas- e tamén nos locais sociais da zona rural. Dende o Concello ofrécese este programa ás entidades veciñais de Castro, Sedes, San Xiao, San Mateo, Doso, O Val e á Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, que deberán contar con grupos mínimos de sete persoas para impartilo. O prazo de inscrición no programa INDI, de balde, rematará o día 21 de xuño e ofrécense un total de oitenta e cinco prazas, quince en Xuvia e un máximo de dez en cada parroquia do rural, ao ser este o número de equipos das aulas municipais de informática. Os participantes terán a oportunidade de aprender a programar con Minecraft e Star Wars, a crear blogs para nenos e nenas, a programar con Bloques e tamén a crear cómics dixitais, tal e como explicou Hermida. As inscricións para aquelas persoas que soliciten praza para a Aula Cemit de Xuvia poden formalizarse a partir do luns no Rexistro Municipal e na Sede Electrónica do Concello de Narón -https://bit.ly/2K8iIoG- e aqueles que acudan ás que terán lugar nas parroquias deben dirixirse para a tramitación ás propias entidades veciñais, tal e como recordou a edil naronesa. Para obter máis información sobre a convocatoria pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1517 para información sobre as inscricións da Aula Cemit de Xuvia e extensión 1123 para as dos locais da zona rural). “Un ano máis ofrecemos dende o Concello este programa, formativo á par que lúdico e de balde no que os participantes terán a oportunidade de formarse en programación e robótica, adquirindo ou perfeccionando uns coñecementos que de seguro lles serán de moita utilidade”, asegurou Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal