Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APROBA AS BASES DA DÉCIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN
A concelleira en funcións de Turismo, Natalia Hermida, animou ás persoas interesadas en participar no certame a aproveitar a tempada estival para sacar as imaxes que presentarán trala apertura do prazo de entrega, en setembro
Narón, 14 de xuño de 2019. O Concello de Narón dispón xa das bases que rexirán a décima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A concelleira en funcións de Turismo, Natalia Hermida, anima ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a “aproveitar a tempada estival para poder realizar imaxes que se adapten ás citadas bases e, polo tanto poidan optar aos premios deste certame”. O prazo de presentación das fotografías abrirase o vindeiro mes de setembro, se ben “as múltiples actividades que se realizarán nos meses de verán na cidade poden representar unha moi boa oportunidade de cara a realizar esas imaxes para presentar ao concurso”, apuntou Hermida. As fotografías deberán amosar a riqueza de Narón, atendendo a varios campos: a riqueza humana e social (nos ámbitos veciñal, deportivo, industrial, festas populares…); espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos; patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico, sendo obrigatorio que o lugar ou o entorno no que se tome a imaxe sexa o concello de Narón, debendo ser recoñecible. O certame, ao que cada persoa poderá presentar un máximo de tres imaxes, repartirá un total de 1.200 euros en premios, sendo de 750 euros o primeiro; de 300 o segundo e de 150 o terceiro. Será un xurado especializado en fotografía o encargado de puntuar, en base aos baremos establecidos, cada unha das fotografías. O xurado valorará por primeira vez neste certame o impacto visual da fotografía con ata dez puntos; a calidade técnico artística (10 puntos); e a creatividade (10 puntos). O prazo de presentación de imaxes ao certame permanecerá aberto do 16 ao 27 de setembro, ambos incluídos, no Rexistro do Concello. A edil naronesa recordou que as doce fotografías que obteñan unha maior puntuación ilustrarán, como en anteriores edicións, o calendario de sobremesa que editará o Concello para o ano 2020. Natalia Hermida animou á cidadanía a presentarse a este certame, do que destacou o feito de que cada ano conta con maior número de participantes non só de Narón senón tamén doutros concellos. As bases poden consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-X-Concurso-Fotografía.pdf. Para calquera aclaración respecto ás mesmas pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1517) ou escribir ao enderezo electrónico: a.fernandez@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal