Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "ATENCIÓN AO PÚBLICO, LIDERADO E VENDA" E OUTRO DE "XESTIÓN ADMINISTRATIVA DE PEMES"
As solicitudes destes cursos poderán presentarse a partir do martes 25 de xuño e ata o vindeiro 5 de xullo
Narón, 22 de xuño de 2019. O Concello de Narón convoca un curso de Atención ao público, liderato e venda e outro de Xestión administrativa de Pemes que comezarán a impartirse previsiblemente o vindeiro 15 de xullo. En cada unha destas accións formativas ofrécense un total de 15 prazas que se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. As persoas interesadas en presentar as solicitudes poden facelo a partir do vindeiro martes, día 25, e ata o 5 de xullo, no Rexistro do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través de calquera dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado do curso de Atención ao público, liderato e venda abordará nas sesións temas como a toma de contacto e atención ao cliente, consumidor e usuario; técnicas de comunicación adaptadas ao cliente, consumidor e usuario; formas e protocolos; xestionar queixas e reclamacións; crear e xestionar equipos de vendas… O curso terá unha duración total de 250 horas (previstas entre o 15 de xullo e o 26 de setembro), das que 80 serán de prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras e as restantes impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición. O curso de Xestión administrativa de Pemes abordará entre os seus contidos a forma xurídica, requisitos e responsabilidades das Pemes, así como as súas vantaxes e inconvintes; as xestións administrativas do proceso comercial e de tesourería; o manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación… Neste caso a duración total do curso será de 350 horas, das que 100 serán de prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras e as 250 restantes nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz. As datas previstas para impartilo son do 15 de xullo ao 24 de outubro. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo, dende o vindeiro martes día 25, chamando ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1123; 2602; 1120; 1107) e tamén consultando a partir do luns a páxina web do Concello de Narón, no apartado de “Servizos, Formación e Actividades municipais”, a través do enlace – http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/servizos_municipais/- ou dirixíndose á Sede Electrónica do Concello: https://bit.ly/2WVV1lB (para o curso de Atención ao público, liderato e venda) ou https://bit.ly/2Fq5lMN (para o curso de de Xestión administrativa de Pemes). O listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal