Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA OPRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES
As familias que cumpran os requisitos poderán realizar a tramitación ata o vindeiro 11 de xullo, incluído
Narón, 28 de xuño de 2019. O Concello ampliará ata o vindeiro 11 de xullo –incluído- o prazo para que as familias con fillos e fillas en idade escolar soliciten as axudas municipais para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e de comedor para centros concertados no curso académico 2019-2020. Esta convocatoria pública aprobouse o pasado 20 de maio, se ben agora se amplía o prazo de presentación das solicitudes. As axudas para material didáctico e escolar poderán solicitalas familias empadroadas en Narón con fillos escolarizados en educación Infantil (2º ciclo), educación Primaria, ESO, Bacharelato, FP de ciclos medios, educación Secundaria de adultos e centros de educación especial. As correspondentes aos comedores escolares para alumnas e alumnos de colexios concertados da cidade, poden solicitalas as familias residentes e empadroadas en Narón, con fillos e fillas matriculados en centros de ensino concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria para o curso 2019-2020 con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral do Concello de luns a venres -de 8.30 a 13.00 horas- a través dun modelo disponible no Rexistro, na Sede Electrónica do Concello –donde tamén se poderán tramitar, ao igual que por calquera dos medios previstos no art.16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das AAPP-.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es