Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NUNHA NOVA EDICIÓN DO IMPACT WEEKWEND NARÓN
O Concello colabora coa Asociación Cultural Impact na organización do evento, que se desenvolverá no pavillón Campo da Serra
Narón, 28 de xuño de 2019. O pavillón municipal Campo da Serra acolle esta fin de semana unha nova edición do Impact Weekend Narón, na que participarán más de 300 xogadores chegados de diferentes municipios da zona e tamén doutras comunidades e de países como Brasil, Alemaña ou Portugal, tal e como avanzaron dende a Asociación Cultural Impact. A citada entidade organiza o evento, en colaboración co Concello, que comeza hoxe pola tarde e que continuará mañá e o domingo. Dende a organización avanzaron que os principais torneos se retransmitirán en streaming e que influencers e colaboradores comentarán en directo as últimas rondas do suízo e o Top 8 íntegro na canle de Twitch: Impact Returns. Esta tarde, a partir das 16.30 horas haberá torneos de Magic The Gatering (Modern e Legacy) e durante toda a tarde, os participantes tamén xogarán partidas de Trials legacy para o Impact Returns Legacy que se disputará mañá. A cita do sábado comezará ás 9.30 horas e prolongarase durante a mañá e a tarde. Comezará o evento co torneo Legacy Impact Returns, Magic The Gatering e ás 12.00 poderase ver unha exposición retro, a cargo da Asociación RetroGalaicos e a esa mesma hora comezará o torneo Blood Bowl. Pola tarde, a partir das 16.30 horas serán os torneos Magic The Gatering, nos formatos Legacy, Modern ou noutros e tamén os de trials modern Magic The Gathering, a cargo da Asociación Cultural Impact. Entre as 16.30 e as 21.00 haberá unha sesión de personalización de chapas, na que colabora a Asociación Cultural Gaikai, tamén con sede en Narón. O domingo a partir das 9.30 horas comezará o torneo Modern Impact Returns e ás 12.00 reabrirase a exposición Retro e tamén comezará o torneo de Gastlands, que se prolongará ata as 17.00 horas. Pola tarde, dende as 16.30 horas haberá torneos de Magic The Gathering, Legacy, Modern ou outros formatos e outro torneo de Un Cube MTG (Magic Lleida). Ao longo do día, nas instalacións do pavillón Campo da Serra, as persoas que o desexen poderán participar mañá e o domingo en iniciativas como obradoiros Hama Beads, consolas retro, xogos de taboleiro, de iniciación a Magic The Gathering. A maiores, maña tamén se poderán xogar partidas de Bolt Action e Warhammer 40000 e o domingo practicar o xogo Mikado, tradicional no Xapón. Acudirán á cita o artista francés Johann Bodin, que amosará parte do seu traballo (ilustracións) e asinará as cartas de Mtg deseñadas por él mesmo ás persoas que o desexen. Tamén acudirá, tal e como avanzaron dende a organización, o valenciano Javier Domínguez, campión do mundo de Magic The Gathering.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal