Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDES ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS, EDUCATIVAS E ANPAS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 132.350 EUROS
Marián Ferreiro estivo acompañada nos actos da firma polas edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Acción Social, Catalina García
Narón, 28 de xuño de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá varios convenios con entidades das áreas social e educativa. O importe conxunto dos acordos rubricados esta mañá entre a rexedora local e os representantes dos diferentes colexios, Anpas e entidades ascende a 132.350 euros. Nos actos de sinatura estiveron coa alcaldesa e os representantes de colexios e entidades as concelleiras de Ensino, Mercedes Taibo, e Acción Social, Catalina García. Os acordos rubricados na área de Ensino suman un importe de 54.350 euros para un total de once colexios: o CPR Jorge Juan, o CPR Santiago Apóstol, os CEIP da Solaina, Piñeiros, Virxe do Mar, Ponte de Xuvia e A Gándara, o instituto das Telleiras e as Anpas do CEIP da Solaina; A Buxaina, do colexio da Gandara, e Galatea, do Virxe do Mar. No que respecta á área de Acción Social os convenios asinados suporán ao Concello un desembolso total de 78.000 euros. As entidades beneficiarias destas achegas municipais serán a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación Parkinson Ferrol, Acción Familiar Ferrol, Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Aspaneps. Todas estas entidades ofrecen os seus servizos a veciñas e veciños de Narón, a maiores de traballar con persoas doutros concellos da comarca. A alcaldesa destacou no momento de firmar os convenios o labor que desenvolven estas entidades sociais e educativas na cidade ao longo do ano e amosou o compromiso do goberno local de continuar colaborando con estas entidades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal