Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE CEN PERSOAS INICIARON HOXE OS EXAMES CONVOCADOS POLO CONCELLO PARA CUBRIR DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
Os aspirantes ás prazas deberán realizar aínda outros tres exames sobre o temario incluído para estas probas, informática e galego
Narón, 9 de xullo de 2019. Un total de 92 persoas presentáronse esta mañá no pavillón Campo da Serra para realizar os exames convocados polo Concello para cubrir, mediante oposición libre, dúas prazas de auxiliar administrativo da escala da administración xeral (grupo C2, nivel 14). No procedemento realizado para esta proba resultaron admitidas 250 persoas, se ben finalmente presentáronse á primeira das probas un total de 92. No exame desta mañá tiveron que responder, nunha hora, a vinte preguntas cortas. A segunda das probas consistirá en desenvolver un tema do programa indicado para estas prazas, elixido ao chou, e nun tempo máximo dunha hora; o terceiro serán as probas informáticas e o cuarto e último o exame de lingua galega.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal