Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" CONTINÚA ESTA SEMANA COA PROXECCIÓN DOS FILMES "MAIMIÑO" E "SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN"
Os filmes poderán verse os días 17 e 18 de xullo nas parroquias do Val e do Alto respectivamente
Narón, 15 de xullo de 2019. O programa municipal Cine de Verán desenvolverase esta semana no entorno do Centro cívico social do Val e na Praza de Galicia, donde os días 17 e 18, respectivamente, se proxectarán dúas novas películas enmarcadas neste ciclo. O Padroado da Cultura organiza a convocatoria, na que colabora a Deputación da Coruña, descentralizando actividades culturais polas parroquias e barrios da cidade, obxectivo deste tipo de iniciativas impulsadas a través do Padroado. As proxeccións, de balde, dan comezo ás 22.30 horas. A proposta para o Val é o filme "Maimiño", unha coprodución de orixe galego-cubana enmarcada no xénero de aventura con versión orixinal en galego e castelán a cargo de recoñecidas voces do panorama teatral galego, como María Castro, Carlos Blanco, Tacho González, María Pujalte ou Monti Castiñeiras, entre outros. "Maimiño", unha versión libre de “Pulgarcito”, é unha película en 3D que conta a historia dun pequeño labrego que quere quitar da pobreza á súa familia. O protagonista vive nun campo, donde ten unha colleita que arrasa unha praga de insectos e, a partir de aí, tras encontrarse co Espello Máxico da Media Laranxa, que o anima a ir na procura da muller dos seus soños, vive unha serie de aventuras. Na xornada do xoves, día 18, o cine trasladarase á Praza de Galicia, donde se poderá ver "Soño dunha noite de verán". Esta película gañou o Goya á mellor película de animación no ano 2005. Os soños e a maxia dan vida a este filme, no que se conta que na noite de San Xoán os humáns poden acceder ao mundo das fadas e dos duendes. Elena é unha moza que non cre nas lendas pero o seu pai, o duque Teseo, está moi enfermo e ela quere devolverlle a ilusión, para o que incluso pensa en iniciar unha viaxe en busca da raíña das fadas, Titania, acompañada por dúas personaxes que queren ser os seus amigos. Os feitizos estarán moi presentes neste filme, unha coprodución hispano-portuguesa.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es