Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O ÚLTIMO ASASINATO POR VIOLENCIA DE XÉNERO
Á convocatoria acudiron a alcaldesa, Marián Ferreiro e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello e algunhas veciñas e veciños
Narón, 22 de xullo de 2019. O Concello acolleu este mediodía, ás 12.00 horas, un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar o asasinato, onte, dunha muller no concello lucense de Vilalba (Lugo), presuntamente a mans do seu home. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro estivo na concentración acompañada polos portavoces de TEGA, Román Romero e PP, Germán Castrillón, así como outros representantes da corporación local, e persoal funcionario e interino do Concello naronés. Os asistentes gardaron un minuto de silencio para recordar as vítimas da violencia de xénero, para amosar as súas condolencias aos familiares e amizades da muller asasinada e condenar esta lacra social. A maiores, como é habitual neste tipo de actos, desplegouse unha pancarta, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”. María del Carmen Vázquez Cereijo, de 47 anos, recibiu unha coitelada no seu domicilio, na parroquia de Sancovada, donde apareceu morta xunto co seu home, tamén sen vida. Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis a violencia en xeral e, en particular, a de xénero, unha lacra social que é preciso erradicar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal